11/2/09

Algunhas noites,
ela gostaba de sentar 
durante horas
fronte ó radiador a
ver-a-vida-pasar.
Eu entraba no seu cuarto
ás agochadas;
mirábaa.
Despois de un pedaciño 
contemplándoa,
sentaba ó seu carón
a abrazala coas miñas palabras
de nena recén bañada en Nenuco.
Cando o sono me podía,
marchaba o meu cuarto.
Alí,
na miña cama de nena rica,
choraba.


--BCÁ--