18/1/10

De te i esas cousas


"Entrou na cafetaria, prendeu-se naquelos olhos, asombrou-se e soubo que atopara algo..., fixo uf e começou a..., mirou-na outra vez, e começou a ama-la, a quere-la, pensou e sentou á mesa mais achegada á cafeteira e sentiu, uf, que comezava a...


-Ola, -dixo ela-, que queres?
-Quero... macela.

Ao dia seguinte entrou á mesma hora e ela seguia ali e sentiu que, uf, que a queria, en sério, pensou.

-Ola, -dixo ela-, que queres?
-Quero... tila.

Ao terceiro dia continuava querendo-a e começou a imaginar e a necesitar, ao mesmo tempo, que ela estava, que ela estivesse, começando a sentir isso tamém, uf.

-Ola, que queres?
-Quero... menta.

Ao cuarto dia sentiu que já nom podia mais, que tinha que dicer-lho. Tenho que dicer-lho, pensou, uf.

-Ola, que queres?, -dixo ela.
-Quero... te, dixo el.

Ela abriu os olhos preguntando Como? e el dixo outra vez em baixinho Quero...te. E dixo Quero...te ao dia seguinte e Quero te ao seguinte e ao terceiro día tamén dixo Quero...te e entón ela dixo-lhe cos olhos Eu tamén".




SÉCHU SENDE; Made in Galiza


---------------


De pequena fun a clases de guitarra. Pero o instrumento quedábame grande e facíame dano nos dedos ó tocar. Ademáis a miña nai mercárame a funda para a mesma mais fea -e por outro lado mais barata- que había no Corte Inglés. Quizáis por iso desistín o pouco tempo. Pero cousas do tequila ou dos mojitos ou do des(a)tino, eu entendín que tiña que aproveitarme de esa faceta miña cando as nosas miradas se cruzaron. E a conversa xurdiu así:

-Ti tes pinta de tocar a guitarra. Sabes tocar a guitarra, non?.
-Hmmm, pois sí, claro. E ti?
-Ja, yo también hombre. Qué pensabas?.

En realidade ningún dos dous tocabamos a guitarra, pero comezar unha conversa así, sen aparente motivo algún ten que ser por algo. Aínda que non o saibamos definir. E eu hoxe... quero...te (rooibos por favor, e sen azúcar).


No hay comentarios: